O CAPM de Mondariz atópase no centro da vila, ao lado do Concello e do Centro de Saúde, e tamén dun xardín público onde pasamos bos ratos cando o tempo acompaña. Somos unha pequena familia de 43 mozos e mozas das que 11 son traballadoras. Si! Mozos e mozas! Que é como realmente nos gusta que se dirixan a nós, xa que seguimos mantendo a vitalidade dos máis novos. Gústanos moitísimo a música e os cativos, por iso facemos moitas cousas xuntos/as. Tamén facemos saídas culturais e de lecer, paseamos pola vila, visítannos os nenos/as dos colexios próximos e aproveitamos datas sinaladas para facer festas onde a música é a protagonista, música interpretada por nós ou por grupos da contorna, e se nos apetece, ata botamos algún baile!! “un centro no que estamos unidos e formamos unha gran familia na que os nosos maiores veñen a desfrutar e a levarse o mellor de cada un” Mariló, Xerocultora “somos unha gran familia na que todas as persoas contan” Ainhoa, Terapeuta Ocupacional “un lugar onde convivir activamente formando parte da nosa comunidade” Alba, Educadora Social “un centro onde a humanidade destaca por riba de todo, moi integrado na vila de Mondariz” Ana, Xerocultora